Contactar

Tripede

Enderezo: Forte 16, Esq., ENFESTA

Santiago Compostela

A Coruña

España

15884

 

Teléfono:

981888139

 


TRÍPEDE
  Trípede é unha empresa auxiliar das industrias de produción audiovisual.  A nosa marca aparece como tal no 2006. Esta denominación aglutina dúas empresas do sector que xa viñan funcionando dende o 2001: Guindastres de Cinema e Luz Puntual.  Esta unión permítenos especializarnos en tres áreas diferentes, polo que podemos ofrecerlles un servizo global aos nosos clientes.

As nosas principais áreas de traballo son: 

1. Iluminación e unidade móbil xeradora

Solucionamos a iluminación de calquera rodaxe (longametraxes, tv movies, series, anuncios publicitarios, documentais, industriais, curtametraxes, vídeo clips, etc.), cunha ampla variedade de material técnico e cun equipo especializado. Dispoñemos dunha gran diversidade de focos da mellor calidade e das mellores marcas, así como de calquera accesorio que se poida precisar durante o traballo e de unidades móbiles xeradoras totalmente insonorizadas e de fácil desprazamento a lugares de difícil acceso.

2. Guindastres

Contamos cos equipos máis modernos en aluguer, e cunha ampla variedade de guindastres modulares, hidráulicos e berlanguitas, travelling, vías tanto rectas como circulares, así como accesorios de maquinistas, carmount, ventosa, ubangui, colgadoiros de cámara, etc.

3. Audiovisual
Facemos a montaxe de todo tipo de actos públicos, concertos, congresos, exposicións, mitins, iluminación arquitectónica... Para este tipo de actos dispoñemos de amplas posibilidades audiovisuais, plasmas, proxectores de vídeo e de 35 mm , leds... A montaxe do escenario e de carpas, a instalación e o control do sistema de son e de iluminación e o apoio técnico son algunhas das solucións que ofrecemos.  Trípede intenta, por medio do seu equipo humano, técnico e de transporte, ofrecer a maior calidade, garantía, rapidez, coidado e éxito en cada unha destas tres áreas de traballo.


¿Onde estamos?                     ¿Dónde estamos?                     How locate us?